martes, 13 de marzo de 2007

Salmóns rosas gracias a algas moi cursis que fabrican pigmentos desa cor

O que moita xente non sabe é que gracias ás algas , máis concretemente á microalga Haematococcus pluvialis, o salmón que comemos de granxa é rosa.
Os primeiros intentos, hai xa anos, de cultivar salmón en auga doce non deron todo o bo resultado que se esperaba debido a que os primeiros exemplares criados eran moi pálidos, sen a característica tonalidade rosa. O salmón libre aliméntase no mar da citada alga, que posee grandes cantidades do pigmento astaxantina (tipo caroteno) de cor rosa.
Polo tanto, nun principio tívose que engadirlle artificialmente ao pienso dos peixes este pigmento, porque quen vai mercar un salmón que nos saíu un pouco "troita"?
Hoxe en día en Israel (entre outros países) faise medrar a alga H. pluvialis para obter unha fonte natural e orgánica do pigmento astaxantina e podelo adicionar a comida dos salmóns que secultívan en granxa.
No seguinte vídeo explícase, nun inglés moi bo de entender, como é este proceso.

No hay comentarios: