jueves, 4 de diciembre de 2008

Recorte de prensa Curso de Ames

Ultimamente, cada vez que fago un cursiño, os medios de comunicación póñense directamente en contacto conmigo porque lles interesa a nova.
Aínda lembro cando hai 8 anos fixen o primeiro cursiño e quería darlle publicidade, porque era unha cousa novidosa. Percorrín todos os xornais que había na Coruña para informarlles. Ninguén publicou nada daquela. Actualmente alégrame que o tema das algas interese e poida ser un campo interesante para poder traballar a divulgación ambiental.
Queda aquí o recorte escaneado da prensa.

No hay comentarios: