martes, 2 de diciembre de 2008

Material para os alumnos do Curso de Algas de Ames

No mes de Novembro tivo lugar un cursiño de 2 fins de semana sobre as algas e as súas aplicacións, organizado pola Casa da Natureza do Concello de Ames e impartido por min e a experta en cosmética e xabóns artesanais María García.
O ambiente foi moi distendido e a treintena de asistentes, extraordinarios. Unha das cousas que máis me gustou e que o diferencia doutros talleres e seminarios que impartín foi a gran afluencia de rapaces e rapazas nov@s, aportando moita alegría o curso cas súas pregunats e con gran implicación no mesmo. Inclusive, aturaron os rollos de charla teórica sen rechistar. Por todo isto, quedo profundamente agradecido tanto a organización como ós pais que decidiron traelos. Penso que é moi importante implicar ós rapaces na ciencia e o coñecemento do medio galego, posto que é unha dos legados que lles imos deixar.
Tamén aproveitamos tanto María como eu, para saudar a to@s @s asistentes, por estar tan motivados e facernos pasar un fin de semana tan agradable.

Sen máis preámbulos deixovos deseguido toda a información que tratamos no curso(é maís da que puiden explicarvso, pero penso que cubrirá as vosas expectativas de aprendizaxe sobre as algas)

Formato presentación con links activados:

Formato pdf presentación de lectura
Presentacion PDF
Formato Apuntes
Material Alumnos Cursos de algas

No hay comentarios: