lunes, 15 de diciembre de 2008

O hostal-restaurante O Caracol, en Poio, Pontevedra, presenta as xornadas gastronómicas das algas galegas

Paréceme unha nova de moito interese. Neste link que déixovos embaixo podemos ver a aposta dalgúns chefs e restauradores galegos polas algas galegas. Neste caso falamos dunhas xornadas gatronómicas nas que se van a servir todos os platos con algas.
Foi unha pena non poder ter asistido, de boa gaña degustaría algunhas das viandas que nos amosan nos vídeos que veredes se clicades no link ou abrides o vídeo que aví se amosa.
Hostal-Restaurante O Caracol

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

jueves, 4 de diciembre de 2008

Recorte de prensa Curso de Ames

Ultimamente, cada vez que fago un cursiño, os medios de comunicación póñense directamente en contacto conmigo porque lles interesa a nova.
Aínda lembro cando hai 8 anos fixen o primeiro cursiño e quería darlle publicidade, porque era unha cousa novidosa. Percorrín todos os xornais que había na Coruña para informarlles. Ninguén publicou nada daquela. Actualmente alégrame que o tema das algas interese e poida ser un campo interesante para poder traballar a divulgación ambiental.
Queda aquí o recorte escaneado da prensa.

martes, 2 de diciembre de 2008

Material para os alumnos do Curso de Algas de Ames

No mes de Novembro tivo lugar un cursiño de 2 fins de semana sobre as algas e as súas aplicacións, organizado pola Casa da Natureza do Concello de Ames e impartido por min e a experta en cosmética e xabóns artesanais María García.
O ambiente foi moi distendido e a treintena de asistentes, extraordinarios. Unha das cousas que máis me gustou e que o diferencia doutros talleres e seminarios que impartín foi a gran afluencia de rapaces e rapazas nov@s, aportando moita alegría o curso cas súas pregunats e con gran implicación no mesmo. Inclusive, aturaron os rollos de charla teórica sen rechistar. Por todo isto, quedo profundamente agradecido tanto a organización como ós pais que decidiron traelos. Penso que é moi importante implicar ós rapaces na ciencia e o coñecemento do medio galego, posto que é unha dos legados que lles imos deixar.
Tamén aproveitamos tanto María como eu, para saudar a to@s @s asistentes, por estar tan motivados e facernos pasar un fin de semana tan agradable.

Sen máis preámbulos deixovos deseguido toda a información que tratamos no curso(é maís da que puiden explicarvso, pero penso que cubrirá as vosas expectativas de aprendizaxe sobre as algas)

Formato presentación con links activados:

Formato pdf presentación de lectura
Presentacion PDF
Formato Apuntes
Material Alumnos Cursos de algas