Na Península Ibérica, contamos con representantes do xénero Spirulina xunto con outras cianofitas . Pénsase que algunhas especies non son orixinarias de España crese e que chegaron transportadas por flamencos desde as lagoas volcánicas africanas nas súas migracións, posto que é na súa superficie onde crece con maior profusión, debido á ausencia de competidores provocada pola alcalinidad e salinidade das súas augas.
No presente vídeo amósase cómo son as condicións de cultivo de esta especie en Tailandia, onde é bastante frecuente este tipo de actividad.
Por suposto, hai instalacións moito máis preparadas econ mellor tecnoloxía, como Cyanotech, que acreditan unha iso en calidade 9001:2000. Podedes ollar as súas instalacións no slideshow de embaixo:
A humanidade coñece este xénero de cianófito desde fai séculos, pero é na última metade do século XX cando empeza a empregarse industrialmente. De feito o seu cultivo industrial non se iniciou ata 1962 na zona do Chad. Trátase dun cultivo idóneo para zonas áridas nas que a salinidade da auga faia non apta para o seu emprego agrícola tradicional. Neste momento o seu principal emprego é para alimentación e maioritariamente consómese en cru en forma tabletas de Spirulina prensada. De feito é moi fácil atopala nos nosos supermercados na zona de suplementos dietéticos. Os seus principais consumidores son os vexetarianos debido a dúas características: o seu elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico e o seu contido en vitamina B12. Tamén se emprega como fonte de pigmentos como son a ficocianina ou xantofilas ou de ácidos grasos poliinsaturados. Debido ao alto contido en proteínas tamén se estudou a substitución de proteína de soia con spirulina para alimentación animal, de feito o sobrenome de spirulina é "proteína unicelular" ou "single cell protein". Ademais adóitase utilizar a spirulina como alimento de peixes de fondo.
Máis info:
http://www.spirulineburkina.org/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1&lang=es
http://www.cbm.ulpgc.es/bangal.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario