miércoles, 30 de mayo de 2007

Un baño de algas mariñas. Entrevista Bonnie Kaye CBS News: Seaweed Health. Algas en cosmética

Por outros artigos colgados no presente blog, pódese argumentar que efectivamente as algas exercen unha acción beneficiosa sobre a saúde humana, especialmente polo seu efecto na pel.
Neste artigo da CBS news, unha "intrépida reporteira" sacrifícase polo ben da información e proba unha tentadora bañeira chea de algas. Despois da súa experiencia relata que a súa pel quedou moi hidratada e que foi unha experiencia moi placenteira.
Experiencia similar poderiamos facer nós na nosa casa, enchendo de auga quente a bañeira con Fucus, Laminaria e Chondrus (todas xuntas ou por separado), pero tendo coidado de que logo ao tirar do tapón non se nos colen as frondes canería abaixo. Engadide aceites esenciais de rosa, xasmín,... ou outra fragancia da que gostedes e a relaxarse media hora.
Pensade que canto máis fragmentadas estean as algas, máis xel e minerais pasarán ao auga, pero que máis difícil será logo pescar os anaquiños que queden.
Se tedes problemas de pel: escamacións, pel seca, dermatite, vai moi ben e teredes unha pel rexuvenecida.
Sorprendentemente o olor non é desgradable como cabería pensar, senón que é un olor mariño moi placenteiro e que a todos debería agradar, pois a todos nos gusta o olor da brisa mariña cando paseamos pola praia. Iso si, non pensedes que vai ser olor de azahar e canela fina... je,je

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola! Estupendo este blog, por fin alga interesante!, para celebralo: boa música. Aquí atoparás bos enlaces.

http://4con60.informe.com/i-concurso-de-canciones-malas-dt51.html