miércoles, 7 de marzo de 2007

propiedades terapéuticas das algas

Este é un artigo que escribín para a revista especializada en termalismo e hidroloxía Tribuna termal (nº3 Febreiro do 2007) . Aquí trátase as propiedades terapéuticas das algas nos distintos eidos: a súa capacidade inmonoestimulante, a súa acividade antioxidante e contra or radicais libres, ó seu efecto preventor en distintas enfermidades do home...etc. Cliqueando sobre cada unha das fotos, abriráseche a suficiente calidade como para poder leelo ou imprimilo. Espero que vos parecza interesante.





Empanada de alga wakame con berberechos

O compañeiro Eloy, intrépido mariñeiro que sulcou máis mares que o Capitán Findus, preséntanos aquí o segredo da súa exitosa empanada de algas, o segredo dí que tamén está na masa, pero él non a fixo que para eso están os pinches. Él fixo o mxunxe que é o meollo de toda a cuestión e levouno a panadería para que rematarn a faena.
Estaba DELICIOSA! e moi sinxela de facer.

lunes, 5 de marzo de 2007

As cores do mar de Galicia

Galicia conta cunha dilatada historia mariñeira. Malia iso existe un gran descoñecemento do ecosistema que vive na costa. O documental “As cores do mar de Galicia” afirma que “para preservar o futuro da actividade pesqueira cómpre un profundo coñecemento do ecosistema mariño que sirve de soporte a un desenvolvemento racional”. Por iso, en 42 minutos fai un acercamento ás especies que viven nas profundidades das rías. O traballo chega da man de UvigoTV, o centro de recursos multimedia da Universidade de Vigo.
Este é un documental moi salientable e didáctico no que se amosa o que acontece nos fondos mariños galegos, tan fascinante e sorprendente coma a mellor barreira coralina que nos poidera presentar o mesmísimo Custou. Espero que guste!!








domingo, 4 de marzo de 2007

COMO ELABORAR ROLIÑOS DE SUSHI

Aquí vemos paso a paso nestes dous vídeos o fácil que é elaborar uns roliños de sushi , tal e como nos conta a nosa compañeira Verónica do curso de algas de betanzos.





Tamén unhas fotiñas do Taller de Sushi que coincidiu coa clausura final.





sábado, 24 de febrero de 2007

RECOLLEDORES DE ALGAS EN GALICIA

Dende tódala vida recóllese algas para abonar os campos na costa galega. Logo co tempo, unha vez que a industria farmacéutica estaba interesada nas propiedades das algas, moita xente da costa ías apañar como un recurso máis para sacar uns poucos cartos.
Neste vídeo amósase o duro e penoso da recolección artesanal, pero que aínda se practica, en zoas como a costa da morte, costa lucense ou a zoa da Garda, que é o caso do vídeo.

ALGAS QUE FILTRAN A LUZ ULTRAVIOLETA

Algunhas algas teñen a capacidade de filtrar a luz ultravioleta que penetra na auga para evitar daños na súas estructuras celulares. Esté o caso dos cocolitoforados, un grupo de algas moi primitivo, que existe dende hai millons de anos. Sobre este tema fala o vídeo que temos deseguido:

ALGAS COMO BIOFILTRO

As algas podense empregar como biofiltros para o tratamento de augas residuais. En Irlanda do Norte , no laboratorio de algas de Portaferry da Universidade de Queen´s de Belfast, tiven a oportunidade de traballar como investigador neste tipo de proxecto.
O asunto é que as algas "filtran" a auga captando os nitratos, nitritos, amonio e fosfatos que poidan quedar na auga efluente de centros de piscicultura, acuarios ou a auga residual das estacións EDAR, diminuindo a carga orgánica i evitando fenómenos de eutrofización nos ecosistemas.
No video de abaixo podedes velo proceso, está e Brasileño, pero enténdese moi ben. Eso sí, dádelle volumen ó altofalante, porque está rexistrado moi baiñiño o son.