viernes, 14 de diciembre de 2007

O Cultivo de Spirulina en Tailandia

O emprego de Spirulina para a alimentación non é algo novo, posto que existen evidencias de que os aztecas consumíanas procedentes do Lago de Texcoco. Así mesmo outras culturas da zona do lago Chad, como os Kanenmbu, tamén incluían na súa dieta habitual spirulina en forma de galletas.

Na Península Ibérica, contamos con representantes do xénero Spirulina xunto con outras cianofitas . Pénsase que algunhas especies non son orixinarias de España crese e que chegaron transportadas por flamencos desde as lagoas volcánicas africanas nas súas migracións, posto que é na súa superficie onde crece con maior profusión, debido á ausencia de competidores provocada pola alcalinidad e salinidade das súas augas.
No presente vídeo amósase cómo son as condicións de cultivo de esta especie en Tailandia, onde é bastante frecuente este tipo de actividad.

Por suposto, hai instalacións moito máis preparadas econ mellor tecnoloxía, como Cyanotech, que acreditan unha iso en calidade 9001:2000. Podedes ollar as súas instalacións no slideshow de embaixo:


A humanidade coñece este xénero de cianófito desde fai séculos, pero é na última metade do século XX cando empeza a empregarse industrialmente. De feito o seu cultivo industrial non se iniciou ata 1962 na zona do Chad. Trátase dun cultivo idóneo para zonas áridas nas que a salinidade da auga faia non apta para o seu emprego agrícola tradicional. Neste momento o seu principal emprego é para alimentación e maioritariamente consómese en cru en forma tabletas de Spirulina prensada. De feito é moi fácil atopala nos nosos supermercados na zona de suplementos dietéticos. Os seus principais consumidores son os vexetarianos debido a dúas características: o seu elevado contido en proteínas de alto valor biolóxico e o seu contido en vitamina B12. Tamén se emprega como fonte de pigmentos como son a ficocianina ou xantofilas ou de ácidos grasos poliinsaturados. Debido ao alto contido en proteínas tamén se estudou a substitución de proteína de soia con spirulina para alimentación animal, de feito o sobrenome de spirulina é "proteína unicelular" ou "single cell protein". Ademais adóitase utilizar a spirulina como alimento de peixes de fondo.
Máis info:
http://www.spirulineburkina.org/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1&lang=es
http://www.cbm.ulpgc.es/bangal.html

miércoles, 12 de diciembre de 2007

O cultivo e recolección de algas en Sao Paulo (Brasil)

Seguindo unha temática semellante ao minidocumental presentado o mes pasado sobre os recolledores de algas en Galicia, presento neste post un minidocumental da BBC sobre unha pequena industria establecida en Sao Paulo (Brasil) que recolle e procesa algas nun nivel moi rudimentario. O vídeo está en inglés moi clariño. De todos os xeitos, en breve publicarei unha tradución do que se fala no vídeo.
Primeira parte:

Segunda parte:

viernes, 16 de noviembre de 2007

Recolledores de algas do Ortegal

Gal:
En Galicia existe, dende mediados do século pasado, un traballo feito por persoas que viven preto da costa. Xente que coñece ben os cantís e praias e sabe de ondas e mareas, para tirar proveito dun ben do cal case ninguén repara que está aí; as algas.
En moitos puntos da festoneada orla mariña galega, seguindo cunha tradición ancestral, recóllese unh alga chamada "liquen" que non é outra que o Chondrus crispus, unha especie de alga vermella que queda descoberta nas baixamares das mareas vivas nos litorais expostos e abertos. Aparece formando uns abondosos cintos conxuntamente con outras sps que tamén se soen recoller indistintamente como Mastocarpus stellatus ou Gigartina pistillata.
O traballo que fai esta xente é hercúleo, combatindo cos elementos máis acuciantes: a auga e o vento arrefriador , para extraer e recoller gandes sacos de estas especies de algas e subilos a lombos por pendentes e cantís que desafían por verticalidade, beleza e tamano a catedráis e monumentos. As veces axúdanse de bestas, dócis burros e mulas que facilitan o traballo alí onde non chegan pequenos tractorins que alivian as costas destes traballadores ignorados.
Venden as súas colleitas a empresas da industria dos ficocoloides como CEAMSA, para que se poidan elaborar aditivos con propiedades xelificantes e espesantes destinados ao sector farmacéutico e a alimentación.
Neste vídeo que presento, exponse a dureza das condicións do seu traballo e a beleza dos lugares nos que traballan. Aqueles interesados nunha copia de maior calidade, poñedeos en contacto conmigo.

martes, 30 de octubre de 2007

Asignatura Medicina Alternativa.Clase de Algas

Prego disculpen a tardanza debida a causas alleas ao profesor ( e máis relacionadas con virus e patóxenos varios de natureza electrónica que atacaron o meu pobre ordenador...).

Clicade aquí embaixo para acceder as diapositivas empregadas na clase ou visulizadeas no miniencerado dándolle ao trianguliño que apunta a dereita para avanzar:
Optativa medicina.Presentacion2007


Un saúdo, espero que sexa de utilidade e moita sorte na exame para todos.

Xacobo de Toro Cacharrón

lunes, 29 de octubre de 2007

Las algas como alimento II

Un vídeo capturado de la TVG sobre los nuevos productos diseñados apartir de algas marinas y destinado a la alimentación humana, que ofrece la empresa gallega Algamar. Esta empresa situada en Pazos de Borbén, en la Provincia de Pontevedra, ofrece numeros productos y aunque principalmente están centrados en la producción de algas deshidratadas, también comercializan patés, condimentos, pastas, galletas, sopas..etc, todo contando con las algas como ingrediente estrella. En el vídeo también se puede ver como se hace la recolección de alga en el mar y un poco del procesado.

Las algas como alimento I

Un vídeo capturado de la TVG sobre los nuevos productos diseñados apartir de algas marinas y destinado a la alimentación humana, que ofrece la empresa gallega Portomuiños. Esta empresa situada en el Ayuntamiento de Cambre ofrece numeros productos:conservas, salazón, deshidratdos y recientemente ha iniciado la producción pasta en la que se le incorpora harina de alga, como se puede ver en el vídeo.

lunes, 8 de octubre de 2007

ALGANOR, Algas de la Ría de Aldán, S.L sale al mercado

(Texto sacado en parete de la Voz de Galicia on line)
En otro comentario realizado en este blog, ya se anunciaba la entrada en escena dentro del sector de las algas, una nueva empresa que apostaba por el cultivo de algas destinadas a la alimentación. La empresa Algas Ría de Aldán, formada por cuatro marineros que se dedicaban a la navaja, acaba de sacar al mercado su primera producción de algas cultivadas según el sistema long line en dos cuadrículas de 500 metros cuadrados cada una, las dimensiones del espacio reservado a sendas bateas. Son unas 5.000 latas envasadas por una conservera canguesa. La marca que comercializa esta empresa es Alganor.
Si se quiere contactar con la empresa se puede hacer de las siguientes fromas:
Algas Ría de Aldán
Mendez Núñez nº35, 1º
tlf: 661 73 44 77
algasriadealdan@mixmail.com