martes, 8 de julio de 2014

Xuntanza Intermareal en Muxía

Este sábado 12 de Xullo, estarei por Muxía coa xente da Escola de Macrobiótica. Aprenderemos a identificar in situ as algas máis interesantes para o seu uso culinario, como procesar algas e como planificar unha saída ao intermareal exitosa. O punto de encontro vai ser na pequena explanada que hai ao inicio de Muxía. Nas fotos que aquí vos achego e as 9:30. Prégase puntualidade, pois a marea non espera por ninguén.


Desde alí, accederemos a unha pequena zona rochosa que ten un acceso doado desde unha pasarela de madeira.

 Podedes consultar co calendario de mareas para ese día e o estado da mar .

Desde este mapa de googlemaps podedes ver o punto de encontro e a zona onde estaremos.
ç



Aquí o vídeo da visita anterior e podedes facervos unha idea do sitio:



No hay comentarios: