sábado, 7 de junio de 2008

Os nomes galegos para denomear as algas

Unha pequena discusión que acontece neste blog é referente ó termo que deberíamos empregar cada vez que nos referimos ás algas. A xente apórtame comentarios comentando que na súa zona chámanse dun xeito ou outro e normalmente criticando que empregue o termo "alga" por consideralo un castelanismo. Isto é facilmente comprensible, xa que a riqueza léxica do galego é enorme e con abundantes localismos e dialectalismos.
En galego o termo "alga" está admitido, de feito enténdese como un cultismo e é empregado no eido científico. Isto podémolo comprobar por nós mesmos consultando o diccionario online da Real Academia Galega que está á disposición de todos.
Pero existen outros sinónimos empregados no galego e que variarán dependendo do lugar xeográfico de Galicia onde nos atopemos :
(As seguintes definicións están sacadas do diccionario da Real Academia Galega)
Alga: "algas.f. Ser vivo, tradicionalmente incluído dentro do reino vexetal e hoxe considerado como constituínte, xunto cos protozoos, dun reino á parte, que se caracteriza por vivir na auga, tanto doce coma salgada, e por ter clorofila, e que pode ser unicelular ou pluricelular. Moitas algas teñen aparencia de plantas.
s Algas azuis.Biol. Seres unicelulares intermedios entre as algas verdadeiras e as bacterias e que forman, xunto con estas últimas, un reino á parte."

Olga s.f. Alga. Recollían olgas na praia para botárllelas ás terras.

Ouca s.f. 1. Alga. Os rapaces andaban ás oucas na beira da praia. 2. Planta de flores pequenas e brancas, follas en forma de ril e talo rastreiro, que vive en terreos moi húmidos ou en augas tranquilas e pouco profundas. A braña estaba cuberta de oucas.

Argazos.m. 1. Alga mariña, de dimensións considerables, ramificada e de cor marrón. O mar estaba cheo de argazos. 2. Conxunto de algas que bota o mar contra as praias e que se empregan para esterca-las terras. Foron á praia a apañar argazo para estralo despois polas leiras. SIN. valume.

Ademáis existen nomes comúns para especies concretas: marmulos e bochecas para Fucus, garrapucho, rizo e lique para o Chondrus, correola para Himanthalia...etc. Pero será un tema a tratar noutro artigo do presente blog.

No hay comentarios: