lunes, 11 de febrero de 2008

Espuma mariña.







O fenómeno que aquí vos presento é unha cousa moi curiosa e exporádica:
trátase da formación de enormes espumas mariñas que chegan á costa invadindo praias e zonas litorais. Estes tipos de sucesos ocorren cada 30 anos, canda menos na zona descrita para as fotos que vos deixo embaixo.
Segundo algúns expertos débese a o efecto conxunto do sal mariño, secrecións de peixes e algas , materia orgánica en descomposición e outros productos non moi ben aclarados que son elevados polo efecto da corrente mariña ao mesmo tempo que se produce gran cantidade de burbullas. A cohesión entre estas burbullas é moi grande, por iso fórmanse as espumas. A corrente vainas aglutinando formando enormeas masas como as que vedes nas fotos (Nova gales do Sul, USA) en condicións ciclónicas.
Penso que tamén teñen que ver a acción do fitoplancto mariño nos preoceso da respiración. Tentarei buscar maior información qie aclare este suceso asombroso.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Na coasta de Oia tamén poden verse etas escumas, non tan pronunciadas, pero si poden ocultar moreas de argazo ou animais varados na liña de costa.

http://www.blogoteca.com/hemaco/

Anónimo dijo...

Vale, tratarei de conseguir algunha.
Ao mellor aparece algunha que xa teña, mirarei.
Coñezo moitos lugares da costa por isto:
www.cemma.org
www.blogoteca.com/cemma/

No blog poño moitos desbarres que se me pasan polos miolos e de vez en cando algunha reflexión sobre bioloxía, mira para atrás se queres.

Unha aperta
Hermaco