martes, 8 de julio de 2014

Xuntanza Intermareal en Muxía

Este sábado 12 de Xullo, estarei por Muxía coa xente da Escola de Macrobiótica. Aprenderemos a identificar in situ as algas máis interesantes para o seu uso culinario, como procesar algas e como planificar unha saída ao intermareal exitosa. O punto de encontro vai ser na pequena explanada que hai ao inicio de Muxía. Nas fotos que aquí vos achego e as 9:30. Prégase puntualidade, pois a marea non espera por ninguén.


Desde alí, accederemos a unha pequena zona rochosa que ten un acceso doado desde unha pasarela de madeira.

 Podedes consultar co calendario de mareas para ese día e o estado da mar .

Desde este mapa de googlemaps podedes ver o punto de encontro e a zona onde estaremos.
ç



Aquí o vídeo da visita anterior e podedes facervos unha idea do sitio:



jueves, 12 de junio de 2014

Como procesar as algas que recolles. Preparando o secado

Despís de recoller algas, ven a segunda parte, procesalas para a súa conservación. Moi doado, podemos secalas parcialemente e logo conxelalas ou darlles un golpe de calor no forno co ventilador a tope para gardalas en bolsiñas.
Aquí vos deixo o proceso.

domingo, 8 de junio de 2014

Cursiño de algas no Porto do Son

Os vindeiros días 13, 14 e 15 de Xuño andaremos polas Costas de Porto do Son impartindo un cursiño cos amigos da Morangueira. A charla da inauguración é aberta a todo o público que se queira achegar.

















Aquí vos deixo o vídeo da presentación do cursiño:





domingo, 25 de mayo de 2014

Cursiño de algas fin de semana con Xacobo de Toro en Alvarella. 31 de Maio e 1 de Xullo

 Animádevos a compartir un fin de semana descubrindo as algas galegas e as súas posibilidades!
Aprenderemos a identificalas, procesalas, cociñalas e as súas posibilidades como cosméticos naturais.

Saída cos socios de Andoa a recoller algas en Muxía


Pasamos un día fenomenal en Muxía. Os socios de Andoa tiveron moita sorte co tempo e tiven a sorte de ensinarlles as algas da nosa costa cunha marea de 0,6. 
Mágoa de non atopar Saccharina 


Tras xantar fixemos unha visita ao Dolmen de Dombate e ao Castro de Borneiro.

martes, 7 de mayo de 2013

Curso de algas en Alvarella. 11 e 12 de Maio

Este fin de semana temos cursiño de algas en Alvarella. Os prezos son populares e se vos apetece non hai razón para quedarse na casa. Ademáis, o tempo vai a acompañar!

 Pronóstico para o fin de semana:



jueves, 13 de septiembre de 2012

Oucas: Algas de Baionca


Convidáronme a dar unha charliña nas xornadas técnicas " As algas e as súas potencialidades". A miña charla será sobre as propiedades nutricionais e terapéuticas das algas. En breve colgarei a presentación da charla para quen queira botar unha ollada. 


Aquí deixo a presentación do peoxecto: