lunes, 16 de marzo de 2009

A comercialización de algas acada as 90 toneladas en lonxa

Dende que comenzaron a pasar por lonxa, hai xa cinco anos, as distintas especies de algas do litoral galego a súa recollida incrementouse nun 64%. Isto é un bo indicador da boa acollida que están tendo as algas no panorama gastronómico e nutricional. Dende logo isto non representa o volume total de biomasa recollida, xa que as principais empresas galegas que traballan no sector tamén teñen permidos de explotación e non están cuantificados.
Deixo un par de vídeos emitidos na galega ao respecto:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Cociñando Arroz con berberechos e crema de codium



O Codium é un xénero encadrado nas clorófitas que ten varios representantes, sendo o C.fragile e C.tomentosum as especies máis abondosas no noso litoral. O Codium é referido como alimento en diversas culturas, pero en Galicia aínda non é empregado con frecuencia. POr iso, chamoume a atención esta receita emitida na TVG elaborada por Antonio Botana Álvarez, cociñeiro do Pandemonium, emprazado en Cambados. Os ingredentes son doados de obter e o Codium é unha especie moi fácilemente recoñecible.
Aquí queda a receita:
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG