martes, 24 de abril de 2007

Microalgas do fitoplancton como Biodiesel

Había tempo que non escribía ningunha nova sobre as algas, pero penso que esta é bastante interesante. Trátase de que a empresa española Bio Fuel Systems (BFS), con sede en Alicante, presentou un novo combustible que permitirá producir un carburante chamado “biopetróleo”, utilizando como materia prima o fitoplancton procedente das algas.

O presidente de BSF, Bernard Stroiazzo-Mougin, non quixo desvelar onde van instalar os estanques de plancto, aínda que deixou entrever que sería por algunha rexión da costa española. A compañía prevé a produción continua do biopetróleo nun tempo aproximado de 14 a 18 meses.

De momento, o biopetróleo non foi probado nos vehículos, porque aínda non foi refinado, pero realizaranse as primeiras probas dentro de catro meses aporximadamente.

En breve haberá máis información en:
http://www.biopetroleo.com/

Se queredes ter máis información sobre biodiesel aquí vos deixo un vídeo sobre o "sinxelo" que pode ser facer biodiesel e que dá que pensar un pouco...