sábado, 24 de febrero de 2007

RECOLLEDORES DE ALGAS EN GALICIA

Dende tódala vida recóllese algas para abonar os campos na costa galega. Logo co tempo, unha vez que a industria farmacéutica estaba interesada nas propiedades das algas, moita xente da costa ías apañar como un recurso máis para sacar uns poucos cartos.
Neste vídeo amósase o duro e penoso da recolección artesanal, pero que aínda se practica, en zoas como a costa da morte, costa lucense ou a zoa da Garda, que é o caso do vídeo.

ALGAS QUE FILTRAN A LUZ ULTRAVIOLETA

Algunhas algas teñen a capacidade de filtrar a luz ultravioleta que penetra na auga para evitar daños na súas estructuras celulares. Esté o caso dos cocolitoforados, un grupo de algas moi primitivo, que existe dende hai millons de anos. Sobre este tema fala o vídeo que temos deseguido:

ALGAS COMO BIOFILTRO

As algas podense empregar como biofiltros para o tratamento de augas residuais. En Irlanda do Norte , no laboratorio de algas de Portaferry da Universidade de Queen´s de Belfast, tiven a oportunidade de traballar como investigador neste tipo de proxecto.
O asunto é que as algas "filtran" a auga captando os nitratos, nitritos, amonio e fosfatos que poidan quedar na auga efluente de centros de piscicultura, acuarios ou a auga residual das estacións EDAR, diminuindo a carga orgánica i evitando fenómenos de eutrofización nos ecosistemas.
No video de abaixo podedes velo proceso, está e Brasileño, pero enténdese moi ben. Eso sí, dádelle volumen ó altofalante, porque está rexistrado moi baiñiño o son.

A INDUSTRIA DAS ALGAS EN FILIPINAS SUR

Aquí tendes un vídeo sobre o cultivo de algas en Filipinas. Este país é un dos principais productores da alga vermella Euchema, que empléase para obter carraxén pola industri de alimentación entre otras.
O vídeo está en inglés macarrónico pero penso que enténdese ben.

ALGAS NA NEVE. Clamydomonas nivalis

Unha cousa moi curiosa é o cor rosado ou vermello que presenta ás veces a neve. Tardou tempo en saberse, pero hoxe en día é coñecido polos científicos qué e producido polo crecemento dunha microalga (moi pequerrecha), chamada Clamydomonas nivalis que é capaz de medrar na neve a temperaturas moi baixas e que fabrican un pigmento de cor vermello, por iso a neve adquire esa coloración.
Neste vídeo que vos presento aquí embaixo podedes ver imaxes deste curioso fenómeno e tamén fotos tomadas polo microscopio da microalga.

viernes, 16 de febrero de 2007

Curso de algas en Betanzos.saída ó intermareal

Hai 3 fins de de semana fixemos unha saída ó intermareal, na praia da Carboeira en Perbes, co galo de coller algas para identificalas no curso e poder prensalas e facer plegos de herbario, e con material fresco elaborar unhas xelatinas para posteriormente facer xabróns.

Estas son as fotos da xornada.


hA




domingo, 11 de febrero de 2007

CURSO DE ALGAS NO CONCELLO DE BETANZOS



Durante os fins de semana de Febreiro, impartirei no Concello de Betanzos uns talleres sobre identificación básica de algas, as súas principais propiedades nutricionais e gastronómicas facendo tamén talleres de prensado ou dos usos medicinais e cosméticos.
A fináis de Agosto, para aqueles que non poideran asistir e lles apetece aprender un pouquiño sobre este fabuloso mundo, é moi probable que haxa outro no Concello de Ortigueira en colaboración coa Fundación Ortegalia.